Escribir as regras dun xogo_Xogos Populares

Galiña cega. 


Xógase normalmente, con un grupo de persoas, cantas máis persoas haia, máis divertido é. Normalmente, xógase nun sitio cha, sen obstáculos.

Para elo, fai falla un pano ou calquera cousa para que o que quede non mire.
Antes de empezar, a galiña tiña que dar tres voltas.
Despois, tiña que pillar a alguén, e se o pillaba, tiña que dicir o seu nome.
Ao que o pillaban, podía agacharse ou saltar para que o que quedaba pensara que era outro.

E así pillándose constantemente ata que se aburrisen. ANTÓN



                                               O Escondite

 



O escondite é un xogo moi coñecido e popular, no que non se precísa ningún tipo de material.


Unha persoa ponse a contar nun sitio e cando remate de contar vai buscar aos seus compañeiros que están agochados nalgún lugar.
Búscaos,  cando os ve, vai correndo ao lugar onde contou e di: por... (nome do que viu). Tamén, se ti es o que estabas agochado podes correr sen que te vexa ata o lugar onde contou o teu compañeiro e dicir: Por min!
Sóese xogar ao aire libre onde haia lugares onde agocharse, por exemplo, nun campo, nunha casa con terreo etc...


Para xogar a este xogo debedes ser máis de 1, e preferiblemente debedes ser uns 6 ou 12.

Remata cando non queda ninguén agochado. EVA

A PITA 

 

A pita ten como minimo dous xogadores e como máximo os que se queiran
Pódese xogar a calquer idade dende que se pode andar.
Non é preciso ningún material.
Xógase en calquera lugar, pero sobre todo no exterior. 
 Xogase así: un dos xogadores queda e ten que correr detrás dos demais ata darlle a pita (tocalo), cando lle da a pita el escapa e o outro e o que queda e corre detrás dos demais. Este xogo non ten un remate, parase cando os xogadores non poden correr mais porque están cansos. PEDRO

    Boliche

Este é un xogo que consta dunha bóla de madeira de 4 centímetros de diámetro, chamada boliche, e doutras de 8 centímetros de diámetro, e xeralmente de ferro, que son coas que se xoga, e que han de ser 3 por xogadores (se xogan dous) ou doas (se xogan tres ou máis).
A continuación, trázase unha liña desde onde debe situarse cada xogador para realizar os seus lanzamentos.
 O xogador elixido para comezar debe situarse na liña de saída e lanzar o boliche todo o lonxe que desexe e seguidamente a primeira das súas bólas tentando aproximarse, no posible, ao boliche. 
O seguinte xogador fai o mesmo e así sucesivamente ata que todos os xogadores lancen as suas dúas ou tres bólas.
O xogador que se achegou máis ao boliche, é o gañador, sendo quen empeza a seguinte partida.  ANXO


O 21

 


O 21 e un xogo baseado no fútbol. 
Para xogar necesítase: un balón de fútbol, 3 xogadores mínimo e unha portería.

O xogo consiste en "salvarse". O porteiro ten 21 vidas, cada gol que lle metan é unha vida menos; si se queda sen vidas, perde.

Os demais xogadores teñen que intentar meterlle goles ao porteiro, só poden dar un toque ao balón por xogador. Se tiran un tiro por fora do campo, o xogador que o tirou ten que ser porteiro e o porteiro..... xogador.

Os xogadores ademais de meter goles, teñen que intentar darlle coa pelota ao pau da portería para conseguir "vidas". O primeiro xogador que se quede sen, vidas perde.

Outra parte do xogo é: si un xogador tira a portería e o porteiro a para sen que bote o balón, ten que dicir:- ¡Quietos!; e pode eliminar a xogadores como no briletón, lanzándolle o balón e brilando.
Gonzalo 

El BRILÉ

 
O brilé é un xogo de varios xogadores (mínimo 3 por equipo, pero, aconséllanse bastantes máis) .

Consiste en lanzar a pelota ao adversario para eliminalo, si lle alcanza o eliminado sitúase nunha zona detrás de onde xogan os do equipo rival ( adóitaselle chamar cemiterio), o eliminado tentará eliminar a un rival, se o consegue, poderá volver ao campo de xogo.

Para eliminalo débese darlle directamente:

Se rebota contra a parede, non está eliminado
Se toca o chan antes de darlle, non está eliminado
Se lle alcanza pero o colle a pelota antes de que toque o chan, non está eliminado.
O xogo acábase rendo todos os dun equipo son eliminados, aínda que só quede un, seguirase xogando.
Na miña opinión persoal, é un bo xogo ao que pode xogar moita xente e serve para varíar e non estar sempre cos mesmos deportes.VALENTÍN  


O XOGO DA RA

  • Nome do xogo: Ra.
  • Material necesario: Fichas metálicas e a ra metálica.
  • Como se xoga: O xogo consiste en meter a ficha metálica pola boca da ra. E senón por uns buratos que ten a caixa onde se apoia.
  • Onde se xoga: Xógase a fora, ou tamén nun sitio pechado. 
  • Número de xogadores: Todos os que queiran, de un para arriba.
  • Como remata: Remata, contando os puntos de cada un, que consiga máis puntos, gaña.Ángela

No hay comentarios:

Publicar un comentario